Visita ao mar de Arousa, á miña querida Illa. En tantas viaxes, nunca me acercara até o faro da punta do Cabalo, e estaba perdéndome unha paisaxe preciosa. Enormes bolos graníticos rodeando ao faro, a vista da próxima praia de Area Secada e as bateas xalonando a ría. Espectacular. Aquí tendes unha panorámica.
A ruta continuou aproveitando as últimas horas do sol agosteño. Un bo lugar para pasear mentres o sol se pon é a praia de Espiñeiro.
Para rematar, unha foto do que se podería chamar “o final do verán”: os chavales da illa que se xuntan ao solpor entre as artes de pesca, mentres os turistas vanse índo e van devolvendo pouco a pouco a súa habitual tranquilidade á illa.
Unha miniviaxe até a veciña Cuntis, para visitar o castro de Castrolandín. Moi interesante, despois das escavacións dos últimos anos, que deixaron á vista boa parte do xacemento. Bo lugar para facer unha panorámica. Desde o punto máis alto do castro podemos ver a vila de Cuntis iluminada polo sol das últimas horas da tarde.

Resulta interesante continuar pola estradiña que leva até o castro, pois nos leva por lugares moi apartados e tranquilos, saíndo por terras de Arca e Nigoi, xa na Estrada.
Unha xornada inesperada. Tarde chuviosa que pouco a pouco se foi arranxando. O sol comezou a asomar na punta da Voutra, desde onde temos unha fermosa panorámica de Muxía e da punta da Barca.
Seguinte parada: o coído de Cuño. Nunca baixara até alí, e resulta espectacular ollar eses enormes bolos de granito coa vista do xa próximo cabo de Touriñán.Final de ruta xunto ao faro de Touriñán. Aquí tendes un par de panorámicas (de Touriñán e do coído de Cuño).
Magnífica ruta pola costa de Ferrol. A primeira parada foi no monte Ventoso, cunhas enormes panorámicas de Doniños até o cabo Prior. Ademais puiden aproveitar e fotografar a uns parapentistas que se lanzaban cara á praia.
Baixada até o cabo Prioriño Chico e as obras do porto exterior de Ferrol, con boas vistas da ría.
Seguinte parada: punta Penencia, enriba da praia de Doniños.
En Doniños, os típicos surfistas.
Saíndo da punta Penencia, unha panorámica da lagoa de Doniños.
Continuando a ruta, chegada ao cabo Prior. Paseo polas antigas instalacións militares e boas imaxes do faro e das rochas do cabo.
A xente baixaba polas empinadas escadas até as rochas máis ao norte do cabo.
As últimas fotos foron para unha panorámica da enorme praia de San Xurxo, xa ao solpor.
Seguinte reto: a costa entre Prior e Valdoviño, con sorte antes de que remate o verán.
Levaba moito tempo intrigado coa imaxe da cámara web da Galega na que saía unha vista da cidade de Pontevedra. Despois de investigar un pouco, gravei o acceso ao monte Tomba no navegador e subín até as antenas. Sen embargo, a espesura do bosque de eucaliptos impide calquera vista máis ou menos limpa, unha pena. A cambio, seguindo pola zona sí se atopa unha boa panorámica de Pontevedra desde as urbanizacións de Boavista, xa camiño de Poio.

A ruta do día 2 levoume até a costa da Vela e o cabo Home. A intención primeira era subir ao cume do Facho de Donón, pero quedeime a metade de camiño, porque cos toxos e os meus pantalóns curtos a combinación non era moi agradable. Algunha foto sí que fixen polo camiño.


Faro de Punta Robaleira:



Poucos días de bo tempo neste verán de 2008. Aínda así, durante o mes houbo algunhas saídas de interese. O “listado” de rutas de agosto é este:
- Día 2: Facho de Donón e faros do cabo Home
- Día 5: ruta “express” até o monte Tomba e vistas de Pontevedra desde Boavista
- Día 9: costa de Ferrolterra: monte Ventoso, porto exterior, cabo Prioriño, praia de Doniños, cabo Prior e praia de San Xurxo
- Día 14: punta da Voutra, coído de Cuño e cabo Touriñán
- Día 17: castro de Castrolandín, en Cuntis
- Día 23: Illa de Arousa, faro e praia de Espiñeiro
- Día 24: rápido paseo no solpor até o monte da Rocha e o novo parque eólico
- Día 31: ruta de petroglifos por Campo Lameiro
En vindeiras entradas irei subindo o material destas que levo no mes…
Mentras ía engadindo imaxes do mes de xullo pasado, esquecinme das da ruta do día 15. Foi un día moi especial por motivos persoais (non polo positivo, precisamente), pero que alomenos deixou algunhas boas fotos. Os parques eólicos dos montes de Buxantes amosan unhas imaxes fantásticas do monte Pindo e a enseada de Ézaro.


Día 26: Unha rápida escapada até Negreira, para facer unha fotiño desde a ponte sobre o Tambre, na cola do encoro de Barrié de la Maza.



Día 22: ruta das clásicas, cun inicio novo. De camiño até a costa de Ézaro desvieime até o cume do monte Aro, na percura dunha vista do encoro da Fervenza.

Chegados a Ézaro, unha panorámica desde a ponte onde desemboca o Xallas.
De volta por Carnota, unha imaxe desde a entrada da praia por Maceiras, co Pindo no fondo.













